Actualidade
A Concellería de Igualdade do Concello de Vigo organiza, dentro da súa programación de actividades no Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo, os seguintes faladoiros:
CICLO DE FALADOIROS
Mércores, 21 de setembro, 19:00. Proxecto “Oceánicas: a muller e a oceanografía”
Victoria Besada. Investigadora, Centro Oceanográfico de Vigo (IEO-CSIC)
Mércores, 19 de outubro, 19:00. O feminismo intrínseco da expresión poética de Luz Pozo Garza. O caso de Medea en Corinto (2003)
Olivia Rodríguez. Profesora titular na Facultade de Filoloxía da UDC
Mércores, 16 de novembro, 19:00. Centenario de María Casares: a gran actriz de teatro europeo do século XX
Arancha Estévez. Xornalista, autora da primeira biografía de María Casares en Galicia
O acceso é libre
Máis información:
Centro de Documentación Feminista: os luns e venres de 10:30-13:30, e de martes a xoves, de 16:00-20:30.
Teléfono: 986 436 441. Mail: centro.documentacion.feminista@vigo.org
Páxina web: www.igualdadevigo.org
Cando:
Mércores, 19 de Outubro de 2022
Horario:
19.00
Prezo:
De balde
Máis información:
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100