Actualidade
Desexo de Realidade é unha exposición na que o pintor Francisco Santomé reúne a súa produción máis recente. Máis dunha ducia de cadros, en óleo ou técnica mixta, nas que o artista vigués de adopción desenvolve todo o seu actual universo creativo.
Obras de carácter figurativo e títulos moi suxestivos das que o pintor se serve para lembrar vivencias persoais ao tempo de experimentar coa presentación das formas; gostando de dividir as pezas en dípticos, trípticos... como episodios dunha narración ben contada. Como o mesmo autor explica, “cando traballo no estudio non penso nun cadro, penso nunha idea na que van coincidir máis dunha imaxe. Cada unha delas pode representarse nun cadro, todos xuntos formarán o cadro final. Desta maneira, cada cadro pode facerse con tratamentos e materiais distintos, sen por elo romper o equilibrio da composición”.
Cando:
Do 30 de Setembro ata o 30 de Outubro de 2022
Lugar:
Casa Galega da Cultura (Praza da Princesa, 2)
Horario:
Luns a venres, de 18:00 a 21:00 h
Sábados, de 12:00 a 14:00 h e de 18:00 a 21:00 h
Domingos e festivos, de 12:00 a 14:00 h
Prezo:
Entrada gratuíta
Máis información:
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100