Actualidade
Compañía: Talía Teatro
Xénero: teatro comedia
Autoría: Darío Fo
Dirección e adaptación: Cándido Pazó
Escenografía e deseño de iluminación: Dani Trillo
Vestiario: Martina Cambeiro
Elenco artístico: Toño Casais, Diego Rey, Marta Ríos, Dani Trillo, Artur Trillo, Xurxo Barcala e Rubén Prieto
Idioma: galego
Idade recomendada: público adulto
Seguramente esta afirmación non sería moito do seu agrado, pero a día de hoxe podemos considerar que Darío Fo é xa un clásico teatral dos últimos tempos. Por iso Talía Teatro quixo unirse á inmensa nómina de compañías que montaron, montan e montarán as súas pezas, e entre elas, Talía leva a máis emblemática de todas. Os clásicos é o que teñen, que as súas portas están sempre abertas a novas visitas: dos creadores e do público. Porque, por desgraza, cincuenta anos despois de ser escrito, este sainete político, esta disparatada pero reflexiva comedia, segue aportando sons que, dun xeito máis ou menos directo ou metafórico, reverberan aínda nos muros da actualidade.
Cando:
Do 18 de Novembro ata o 19 de Novembro de 2022
Lugar:
Praza do Rei 1
Horario:
20 h.
Duración: 85 minutos
Prezo:
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100