Escudo Concello de Vigo

Actualidade

PASACALLE PRESENTACIÓN DA PROGRAMACIÓN VIGOCULTURA NA RÚA DO PRÍNCIPE: O ESTRAÑO CASO DO DENTISTA DA RÚA BRASOV

Compañía: Troula Animación

Xénero: teatro de rúa

Autoría, dirección, deseño de son e música: Diego Roca

Vestiario: Rosa Fernández

Elenco artístico: Diego Roca

Idioma: galego

Idade recomendada: todos os públicos

Duración: 60 minutos

Corría o ano 1913 cando naceu o noso protagonista nunha pequena aldea dos Cárpatos.

Era unha noite de inverno e un precioso neno nacía, pero non era un bebé normal, era o primeiro bebé do mundo con dentes.

A partir daquel día todo sería diferente, o noso personaxe xa desde moi pequeno tiña unha curiosa fixación polos dentes.

As súas primeiras palabras foron dente, endodoncia, empaste. Con só tres anos cáeselle o seu primeiro dente. Aquela mesma noite meteu o seu dente debaixo da almofada agardando a chegada do Rato Pérez, a Fada dos dentes ou calquera outro ser máxico que puidera realizar o seu soño, era a ilusión da súa vida, ver que regalo tería aquela noite. Non ía durmir. Pero algo inesperado cambiaría o rumbo dos acontecementos...

Esta é a historia dun dentista dos Cárpatos ambulante, que percorre co seu carromato as vilas na procura de pacientes para a súa consulta; a través de xiros inesperados da historia e utilizando diferentes técnicas (clown, música en directo, maxia, monicreques...) coñeceremos o seu curioso pasado e descubriranos unha nova historia totalmente inesperada, cun final sorprendente.

 

Cando:

Do 23 de Setembro ata o 24 de Setembro de 2022

Lugar:

Rúa do Príncipe

Horario:

Ás 19 horas

Prezo:

Evento gratuíto

Galería de fotos

O ESTRAÑO CASO DO DENTISTA DA RÚA BRASOV
Pasacalle presentación programación Vigocultura

Desde o 23/09/2022

Ata o 24/09/2022

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra)

Teléfono Concello de Vigo: 010 - 986810100