Actualidade
La Zowi comezou facendo música co colectivo Atlanta 808 Mafia, colaboradores de Cardi B e seguiu traballando coas producións experimentais de Zora Jones, con quen asinou o himno «Obra de Arte», creando unha reinterpretación do xénero que mesturaba reggaeton escuro, trap e un sólido manifesto sobre o poder e o sexo.
As súas últimas colaboracións internacionais colocárona nun lugar privilexiado dentro da escena: xunto ao chileno Harry Nach, con super estrelas do dembow dominicano como Chimbala, traperos italianos como Gallagher ou con Namasenda e A.G. Cook para PC Music. Iso xunto a temas como «Matrix» ou «Terapia de choque» son a previa perfecta ao seu próximo álbum, que verá a luz este 2022.
Cando:
Venres, 8 de Xullo de 2022
Lugar:
Auditorio Palacio de Congresos Mar de Vigo
Horario:
21 horas
Teléfono: 986137940
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100