Actualidade
Estrea Mundial
Compañía: Señora Supina
Xénero: teatro comedia
Autoría: Ernesto Is
Dirección: Javier Lojo
Adaptación: Ernesto Is e Javier Lojo
Escenografía e deseño de iluminación: Vanesa Regengo
Deseño de son: Javier Lojo e Ernesto Is
Deseño de vestiario: Raquel Crespo
Música: VV.AA.
Elenco artístico: Nola Drake, Raquel Ferraz, Alba Outeda, Raquel Crespo e Javier Lojo
Idioma: galego
Idade recomendada: público adulto
Benvidos ao Hotel Europa, un peculiar hotel nunha vila costeira galega na que descansar e vivir unha noite inesquecible.
Hotel Europa é unha comedia vodevil áxil e divertida con catro actrices que interpretarán a unha morea de peculiares personaxes. Unha obra moi do estilo das sitcoms e cunha boa dose de intriga, na que uns e outros descubriremos as divertidas e entrelazadas historias dos moradores do hotel.
Hotel Europa é un espectáculo que busca reflexionar, desde a ironía e o entretemento, sobre os procesos de transformación e perda de identidade que, nos últimos anos, as vilas galegas veñen sufrindo por mor da especulación urbanística e o turismo masificado.
Colaboran: AGADIC e a Rede Galega de Teatros e Auditorios
Cando:
Venres, 18 de Febreiro de 2022
Lugar:
Praza do Rei 1
Horario:
Comezo: 20 horas.
Duración: 85 minutos.
Prezo:
10 €
As entradas poderán adquirirse (sen gastos de xestión, ao mesmo prezo que no despacho de billetes):
• A través da páxina web de Giglon: www.giglon.com
• Na Librería Librouro (Eduardo Iglesias 12, Vigo), en horario de luns a sábado, de 10 a 14 e de 17 a 20 horas.
• O mesmo día do espectáculo a partir dunha hora antes do comezo no despacho de billetes do Auditorio (sempre que houbese entradas dispoñibles)
Co obxecto de fomentar a asistencia ao teatro da mocidade, o público entre 12 e 18 anos poderá beneficiarse dun 30% de desconto no prezo das entradas soltas adquiríndoas anticipadamente a través de Internet co código de desconto OTEATROMOLA (no control de accesos do Auditorio poderá solicitarse a documentación acreditativa da idade).
ABONOS (só en anticipada, non poderán adquirirse no despacho de billetes do propio Auditorio):
ABONO Á CARTA 5: elixe 5 espectáculos de toda a programación combinados como queiras e goza dun 10% de desconto sobre o prezo total.
ABONO Á CARTA 10: elixe 10 espectáculos de toda a programación combinados como queiras e goza dun 25% de desconto sobre o prezo total
Praza do Rei 1
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100