Escudo Concello de Vigo

Actualidade

Sting. My Songs

O artista británico vén de pospoñer a súa xira internacional ao próximo ano, onde presentará o seu espectáculo “Sting: My Songs”, con parada na cidade o 6 de agosto de 2022. Será “un día memorable” no que se celebrará “o máis importante concerto na historia de Castrelos”.

O líder de The Police tiña previsto actuar no auditorio ao aire libre de Castrelos no 2020 como parte da súa xira internacional, que cancelou pola irrupción da pandemia. Agora Sting vén de anunciar que deixa o seu tour para o próximo ano 2022 e visitará Vigo o 6 de agosto. “Será un gran e memorable concerto”,  unha data na que terá lugar “o máis importante concerto que se fixo nunca na historia desta cidade”.

“Sting: My Songs” é un dinámico espectáculo que rememora todos os grandes éxitos na prolífica carreira do dezasete veces gañador do premio Grammy, tanto como parte de The Police como sendo solista. Co grupo formado con Stewart Copeland e Andy Summers, incorporado ao salón da fama do Rock&Roll no 2003, publicou cinco álbumes de studio que conseguiron seis premios Grammy e dous Brits. En solitario, Sting recibiu outros 11 premios Grammy, dous Brits, un Globo de Ouro, un Emmy, catro nominacións aos Óscar, unha máis ao Tony e foi distinguido pola revista Billboard como persoa do ano na música no 2014.

Cando:

Sábado, 6 de Agosto de 2022

Lugar:

Auditorio de Castrelos

Galería de fotos

Cartel

Desde o 06/08/2022

Ata o 06/08/2022

Auditorio de Castrelos

Teléfono: 986810221

 

Concello de Vigo

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra)

Teléfono Concello de Vigo: 010 - 986810100