Actualidade
Maruja, a granxeira, érguese ao cantar o galo, quita catro lagañas e lávase coma un gato. Con ela pasaremos un día na súa granxa, espertaremos a todos os animais, darémoslles o biberón a catro porquiños, curaremos á veciña de dona Loba grazas aos cinco lobiños, buscaremos quince ducias de ovos e coa vella ovella Miranda bailaremos un rock and roll.
Quiquiriquí!!!
ESPECTÁCULO PARA BEBÉS
AFORO SUPER REDUCIDO
Premio ao Mellor Espectáculo para a Primeira Infancia FETEN 2018
Finalista aos Premios MAX 2019
Espectáculo recomendado por Redescena
Cando:
Domingo, 24 de Outubro de 2021
Horario:
12:30h. e 18 h.
Duración: 35 minutos
Prezo:
Prezo: 5 € (unha persoa adulta + un bebé). Resto de acompañantes entrada libre en patio de butacas con visibilidade reducida.
As entradas soltas poderán adquirirse anticipadamente (sen gastos de xestión, ao mesmo prezo que no despacho de billetes).
Información:
Compañía: Teloncillo Teatro en coprodución co Teatro Calderón de Valladolid
Xénero: teatro musical
Autoría e dirección: Ángel Sánchez e Ana Isabel Gallego
Escenografía: Juan Carlos Pastor, Eva Brizuela e Isabel Robledo
Deseño de son e música: Ángel Sánchez
Deseño de iluminación: César Rodríguez e Fran Carretero
Vestiario: Eva Brizuela
Coreografía: Ana Isabel Gallego
Elenco artístico: Ángel Sánchez e Ana Isabel Gallego
Idioma: castelán
Idade recomendada: + 6 meses
ESPECTÁCULO PARA BEBÉS
AFORO SUPER REDUCIDO
Premio ao Mellor Espectáculo para a Primeira Infancia FETEN 2018
Finalista aos Premios MAX 2019
Espectáculo recomendado por Redescena
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100