Escudo Concello de Vigo

Actualidade

XXVIII Festival Folclórico Internacional de Vigo

Programa:

  • O xoves 22 de xullo, Orquestra Son de Seu ás 22 horas no escenario exterior de Castrelos.
  • O venres 23 de xullo, ás 20:30 horas, Cé Orquestra Pantasma co seu espectáculo infantil e, ás 22 horas, Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre en Castrelos.
  • Sábado 24 ás 12 horas da mañá, a Banda de Gaitas Xarabal no Mercado de Teis e Corisco e a Banda de Gaitas Marino Tapiego de Asturias na Praza de Compostela tamén ás 12. Ás 13:15 na Alameda de Bouzas, Lembranzas Galegas e Andarela actuarán na Praza da Pedra. Xa pola noite, ás 22 horas, no escenario exterior de Castrelos, Xosé Lois Romero e Alboria.
  • O domingo 25 de xullo, música viguesa en Castrelos: ás 20:30 horas, Folk de Coiro e desde as 22 horas, AC Traspés.

O festival desenvolverase seguindo a normativa sanitaria co recinto valado, con separación das cadeiras coa distancia recomendada e co rexistro das persoas asistentes ao espazo das actuacións.

Cando:

Do 22 de Xullo ata o 25 de Xullo de 2021

Lugar:

Diversas localizacións na cidade

Prezo:

Entrada gratuíta

Galería de fotos

Desde o 22/07/2021

Ata o 25/07/2021

 

Concello de Vigo

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra)

Teléfono Concello de Vigo: 010 - 986810100