Actualidade
A Concellaría de Normalización Lingüística oferta este programa para o tempo de lecer.
Tarabelos (Esteban Acuña Lagos)
Para público familiar a partir de 4 anos
Ligazón co lugar da actividade (google maps)
Recollemos a técnica centenaria do Kamishibai xaponés, “tarabelizámola” e temos un espectáculo de contacontos debuxado ao 100 %, onde a ilustración se poden ver, tocar, manipular, vestir...
Pero, que significa “debuler”? Cando eu debuxo o que leo, entón “debuleo”, e nesta contada debuxamos xuntos e descubrimos xuntos o valor das lendas: lendas que ensinan o valor da nosa cultura galega... o valor para loitar pola vida... o valor da axuda dada e recibida... o valor de coñecer antes de deixarse levar polos falares!... o valor de unir forzas para vencer xuntos a dragóns invencibles... o valor e coraxe daqueles soñadores que buscan máis alá, onde a maioría di que non hai nada... e moito vale a risa e as lendas que buscan provocala...
Valor que podemos ler e debuxar; valor que podemos “Debuler”.
Cando:
Xoves, 5 de Agosto de 2021
Lugar:
Vila Solita (Alcabre -camiño Freixeiro, 14)
Horario:
Ás 19:00
Entrada libre ata completar a capacidade
Prezo:
Gratuíto
Máis información:
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100