Actualidade
A Concellaría de Normalización Lingüística oferta este programa para o tempo de lecer.
Truque Matruque. Para público familiar a partir de 3 anos
Ligazón co lugar da actividade (google maps)
Vivimos nunha terra chea, chea de tantas cousas...
Chea de natureza e auga, chea de aire puro e fermosura.
Pero tamén unha terra chea de cultura.
Chea de cancións e alalás, de contos e historias que corren polo vento ata pousarse nas ramiñas das árbores.
E alí, co son das follas ao ser axitadas polo aire na mañá, as historias van pingando e son recollidas por persoas de todos os lugares da nosa terra.
Contos que podemos atopar nos libros e nas cancións, historias que son nosas, que falan de nós... Cantamos un conto?
Cando:
Martes, 3 de Agosto de 2021
Lugar:
Praza da Independencia
Horario:
Ás 19:00
Entrada libre ata completar a capacidade
Prezo:
Gratuíto
Máis información:
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100