Actualidade
A Concellaría de Normalización Lingüística oferta este programa para o tempo de lecer.
Soraya Lema
Público familiar. Idades recomendadas de 3 a 10 anos
Ligazón co lugar da actividade (google maps)
Aldara na montaña preséntanos a historia dunha nena que inicia a súa primeira viaxe lonxe da casa. Aldara, logo dunha discusión co seu avó, decide fuxir cara á montaña dos Penedos de Pasarela e Traba. A protagonista toca co acordeón o “Pasodobre de San Roque” e, a partir dese momento, establécese unha relación máxica entre Aldara e cada un dos penedos que descobre. Na súa travesía, a bordo do barco Miramar, comparte viaxe coa señora Lebre e o señor Pallaso, e coa axuda da Aguia consegue chegar ao fogar das estrelas.
Inspirada nos poemas de Pondal, Aldara na montaña constitúe unha historia de superación e de busca da identidade propia, ao tempo que pon en valor o noso patrimonio natural e cultural.
Cando:
Xoves, 29 de Xullo de 2021
Lugar:
Vila Solita (Alcabre -camiño Freixeiro, 14)
Horario:
Ás 19:00
Entrada libre ata completar a capacidade
Prezo:
Gratuíto
Máis información:
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100