Actualidade
A Concellaría de Normalización Lingüística oferta este programa para o tempo de lecer.
Magín Blanco.
Para público familiar, idades recomendadas de 2 a 8 anos
Ligazón co lugar da actividade (google maps)
Magín Blanco, creador de A nena o grilo, A nena e o grilo nun barquiño, Gatuxo e outras composicións que forman parte de propostas musicais para público infantil como María Fumaça e Rosalía Pequeniña interpretará en directo unha selección dos temas para público infantil que el mesmo compuxo acompañados dunha narración.
O formato desta nova proposta será un contacontos musicado que axudará os nenos e nenas a estimular a súa creatividade e curiosidade polas letras e as palabras, pola lingua, polos contos e a música para que poidan crear o seu propio universo creativo.
Cando:
Martes, 27 de Xullo de 2021
Lugar:
Antigua PISTA DE TENIS que está no interior dos xardíns históricos do Pazo de Castrelos
Horario:
Ás 19:00
Entrada libre ata completar a capacidade
Prezo:
Gratuíto
Máis información:
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100