Actualidade

Curtis Harding

O estadounidense Curtis Harding é un nome que está achegando aire fresco á escena do retro-soul, xusto neste quinquenio e medio no que os fans do indie descubrírona, ou andan descubriéndoa, aínda que ás veces con discos que capturan o son pero non o sentimento daquel rhythm'n'blues que perseguen coñecer. Porque Curtis Harding, desde a súa versatilidade, sí funde pasión con intensidade ao afrontar o clasicismo, e también sabe de qué vai iso da actitude e o nervio no rock indie e o garagero. Él sí capta aquel sentimento e sabe cómo unir iso con soul, blues, gospel, psicodelia e rock até dar coa fórmula dun estilo con aura propia que bautizou como "slop'n'soul" (refugallos e soul, unha metáfora coa que quere simbolizar a cultura do sur estadounidense, "o que lle dás aos porcos", comentou cun evidente punto de ironía).

Nativo de Michigan e fillo dunha intérprete de gospel que lle introduciu no enmeigo do escenario, Curtis empezó a sacar a cabeza no mundo discográfico cando a súa voz apareció en varias remesturas de Outkast e logo exerceu de corista para Cee O Green nun par de álbumes (e también en directo; además, compuxo para él). Foi en 2011 cando, aliándose con Cole Alexander (guitarrista de Black Lips), con quen compartíá atracción polo soul sureño de vella escola, puxo en marcha Night Sun, no que mesturaban a súa afición común co garage rock. En 2013, tras rodar ese proxecto en concertos, sacaron o seu primeiro single co selo californiano Burger Records, que impresionado coa voz que escoitaron ahí expuxeron a Harding un contrato para que sacase con eles o seu debut longo en solitario. Dito e asinado. E na primavera de 2014 llegó "Soul Power", ao que en outubro de 2017 seguiu (listón mais alto) "Face Your Fear". Tras dous sinxelos en 2018, «It’s Not Over», que lanzó mentres xiraba como teloneiro de Lenny Kravitz, e «Where We Are», este con halo de funk futurista, en novembro de 2021 veu a luz o seu terceiro álbum, «If Words Were Flowers», o mais experimental e caleidoscópico, que lle confirmou como un artista que definitivamente vai más aló do vintage, pois soa demasiado inmediato e fresco na súa xuguetona e efectiva mestura de estilos. O seu último lanzamento, tamén do 2021, é a canción «Our Love», na que también canta o seu compatriota Jazmine Sullivan. O tema aparece na banda sonora de "Arcane", un spin-off televisivo da plataforma Netflix do videoxogo "League Of Legends".

Cando:

Venres, 30 de Xuño de 2023

Lugar:

Auditorio Palacio de Congresos Mar de Vigo

  • AVDA BEIRAMAR 59

Horario:

21.00 h.

Prezo:

Venda de entradas en https://www.teuticket.com

Galería de fotos

cartel1

Desde o 30/06/2023

Ata o 30/06/2023

Auditorio Palacio de Congresos Mar de Vigo

AVDA BEIRAMAR 59

Teléfono: 986137940

Web: http://www.auditoriomardevigo.com/

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100