Actualidade
ARiMagritte A Banda
Tras 10 anos dándose a coñecer en solitario por salas de Vigo e a súa área, ARiMagritte comeza unha xira de presentación do seu disco Oráculo cun son tremendamente distinto ao de estudio, ao formar unha banda que presenta neste concerto:
Flocos de Millo estará a cargo da batería, a percusión e a súa inseparable kalimba.
Alberto Cabadas é o guitarra solista.
Javi Gómez marca o ritmo desde o baixo.
Guitarras, batería e baixo, todo más próximo ao rock do que ARiMagritte nos tiña afeitos.
Este concerto será a celebración destes 10 anos de escenarios (ARiMagritte nacía en Vigo o 23 de febreiro de 2013) e a presentación da banda, para tocar os 13 temas do seu disco Oráculo e más dunha sorpresa, cun son totalmente novo. O que no disco é paz, en directo será un berro de guerra, de festa, de desafogo, de fin de semana que empeza, de venres que borra os desabores de toda a semana.
Cando:
Venres, 24 de Febreiro de 2023
Lugar:
Rúa da Vía Norte
Horario:
19:30 horas
Prezo:
Evento gratuíto
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100