Actualidade
Evento permanente
Rúa de Canido, 105
Horario: Horario de outubro a decembro: Xoves: de 11 a 13 horas. Unha soa persoa estará no Centro de Interpretación do Mundo Romano (CIMR) e no xacemento, polo que únicamente poderá concertarse unha cita cada hora (media hora no centro e media hora no xacemento), para grupos de 25-30 persoas. Visitas guiadas: Teléfono 010 / 986 810 260
Gratuito
O xacemento arqueolóxico descuberto na punta de Toralla, na antiga "finaca Mirambell", é unha vila, é dicir, unha casa de campo con funcións residenciais (para vivir no campo) e produtivas (para vivir do campo). As villae son o tipo de asentamento característico das áreas rurais do Imperio Romano.
O asentamento está formado pola pars urbana (edificios residenciais onde vive o propietario, a súa familia e as súas sirvientes e criados) e a pars rustica (construcións dedicadas ao traballo e á produción, neste caso unha salina). A casa no seu conxunto, aínda que non é especialmente grande e luxosa, si pode ser calificada de moderadamente rica no ámbito da Galicia romana, posuída por un dominus galaicorromano de considerable poder económico e social a nivel local.
A vila se data con precisión desde inicios do s. IV ata mediados do s. V a.C. Posteriormente, unha duna ocultará e enterrará totalmente as ruínas ata os nosos días.
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100