Actualidade
Evento permanente
Parque de Castrelos s/n. 36213 Vigo
Horario: Martes a venres: De 10 a 14 horas. Sábados: De 17 a 20 horas. Domingos e festivos: De 11 a 14 horas. Pechado todos os luns, incluídos os festivos, os días 1 e 6 de xaneiro, 24, 25 e 31 de decembro. Horario dos xardíns: De outubro a abril: de 9 a 20:30 horas. De maio a setembro: de 9 a 22:30 horas. Todos os días da semana.
Gratuíto
O Museo Municipal "Quiñones de León" é unha institución singular en Galicia. A súa sede principal, o Pazo de Castrelos, é unha mostra senlleira da arquitectura nobiliaria galega. Posúe unha valiosa colección artística, arqueolóxica e histórica, coidados xardíns no exterior e un amplo parque ao seu redor. Todo o conxunto, pazo, coleccións, xardíns e parque están catalogados como Ben de Interese Cultural.
A colección de Arqueoloxía abrangue dende o Paleolítico até a romanización. Na exposición permanente trázase un percorrido vital dende o abrente da humanización da bisbarra de Vigo até os primeiros séculos da nosa era. Na viaxe pola prehistoria e a historia antiga, os elementos amósannos como era a vida no Vigo primixenio e a súa contorna: como pescaban, que comerciaban, a que deuses adoraban e como enterraban os seus mortos.
Os achados da necrópole romana no Areal en 1953 propiciaron a fundación da primeira sala de arqueoloxía no museo naquela mesma década. Os xacementos representados na colección abranguen todo o termo municipal de Vigo (O Castro, Toralla, Areal, Saiáns, etc.) e esténdense, ademais, por todo o sur da provincia de Pontevedra (Donón, Budiño, Atios, etc.).
Teléfono: 986295070
Parque de Castrelos s/n. 36213 Vigo
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100