Escudo Concello de Vigo

Actualidade

Ciclos de corais

Ata o 04-10-2020

Verbum (Av. Samil, 17) e praza de Galegos Ilustres

Horario:

Os concertos no Verbum serán ás 20:30 horas.

Os concertos na praza de Galegos Ilustres serán ás 19 horas.

Gratis

Ciclos de corais no Verbum e na praza de Galegos Ilustres, organizados por ACOPOVI co finaciamento do Concello de Vigo.

Os concertos no Verbum serán ás 20:30 horas e contarán cun aforo reducido, seguindo co cumprimento da normativa vixente do Covid19; a entrada será mediante retirada de invitación numerada na recepción do museo dende as 19:30 horas dos días de concerto, cun máximo de 4 por persoa.

Os concertos ao aire libre na praza de Galegos Ilustres serán ás 19 horas e seguindo tamén o cumprimento da normativa indicada.