Escudo Concello de Vigo

Actualidade

ConfinArte con Cultura: Plataforma de expresión artística de Vigo

Evento permanente

http://confinarteconcultura.vigo.org

Horario:

24 horas do día

Gratuito

O Concello de Vigo vén de poñer en marcha confinarteconcultura.vigo.org, unha plataforma web que permitirá reunir nun mesmo espazo todas as iniciativas artísticas que están a desenvolver os artistas locais desde o seu confinamento.

No portal http://confinarteconcultura.vigo.org os e as artistas profesionais da nosa cidade poderán propoñer vídeos nos que amosen as súas expresións artísticas no confinamento. Tratarase de vídeos curtos, que deberán estar gravados en formato horizontal, cun peso máximo de 500 MB e unha duración máxima de 5 minutos. Poderán propoñerse vídeos nos que se amosen diferentes disciplinas da arte e a cultura: música, teatro, danza, artes plásticas, fotografía, etc., pero terán que ser pezas gravadas no seu confinamento, vídeos caseiros gravados exclusivamente neste momento e con este fin.

A iniciativa pretende cumprir tres obxectivos. En primeiro lugar, "confinar" nunha mesma plataforma todas as iniciativas que estamos a ver estes días nas redes de artistas de Vigo, en segundo lugar, difundir a creatividade destes artistas desde o seu confinamento e, por último, ofrecer á cidadanía a oportunidade de ter acceso a contidos exclusivos gravados unicamente para este fin. Serán pezas artísticas únicas que o público terá a oportunidade de ver en primicia.

Os e as artistas profesionais que desexen participar nesta iniciativa poderán realizar as súas propostas a través da propia plataforma.

ACCESO AO PORTAL:

http://confinarteconcultura.vigo.org