Escudo Concello de Vigo

Actualidade

Avisos

Medidas de mobilidade no centro da cidade durante o Nadal

Temática: Mobilidade

Data de publicación: 2021-11-17

Co gallo do aumento da presenza de peóns durante o NADAL 2021-2022 no centro da cidade e co obxectivo de favorecer o esparexemento cidadá, adoptaranse unha serie medidas en materia de mobilidade. Medidas que restrinxirán o tráfico rodado do xeito que a seguir se detalla.

Con todo, respectarase o acceso rodado ao domicilio da veciñanza, a unha velocidade máxima de 10 Km/hora, e favorecerase a prestación do servizo do transporte público urbano.

Estas medidas estarán en vigor desde a data do acendido das luces de Nadal ata o 16 de xaneiro, e son aplicables os días indicados entre as 17:30 e 23:00 horas.

DEBERÁN OBSERVASE EN TODO MOMENTO AS NORMAS DE SAÚDE PÚBLICA ADOPTADAS POLO CONSELLO DA XUNTA DE GALICIA DERIVADAS DA CRISE SANITARIA DA COVID-19, publicadas na sede web da Xunta e accesibles no seguinte vínculo da normativa consolidada.
(Ver anexo ao final do aviso)

DÍAS DE MÁXIMA AFLUENCIA. CORTES DE TRÁFICO

  • Novembro: 21, 26, 27, 28
  • Decembro: 3, 4, 5, 6 ,7, 8, 9, 10, 11, 12, 17, 18, 19, 23, 24, 25, 26, 31
  • Xaneiro: 1, 2, 5, 6, 7, 8, 9, 14, 15,16

Plano de cortes e reorganización do tráfico
(Ver anexo ao final do aviso)

RECOMENDACIÓNS

  • A mobilidade peonil no entorno da rúa Elduayen e Porta do Sol establecese en sentido ascendente polo lado mar e descendente polo lado terra. Recoméndase percorridos alternativos a Porta do Sol e rúa Elduayen pola rúa San Vicente e Ferrería.
  • A mobilidade peonil entorno a árbore de nadal establécese en sentido cara a Porta do Sol polo lado mar e cara Colón polo lado terra.
  • En xeral recoméndase a circulación peonil pola beirarrúa dereita no sentido da marcha.
  • Eviten o uso do vehículo privado. Ás rúas cortadas ao tráfico non se poderá acceder desde as horas establecidas, polo que cumpriría que acudan ás súas proximidades preferiblemente a pé ou en transporte público.

CORTES DE TRÁFICO

  • Rúa de Policarpo Sanz
  • Rúa de Darío Álvarez Blázquez
  • Rúa da Reconquista entre as rúas Marqués de Valladares e Policarpo Sanz
  • Rúa de Velázquez Moreno entre Príncipe e Marqués de Valladares
  • Rúa Areal entre República Argentina e Colón
  • Rúa Concepción Arenal cara a Colón
  • Rúa García Barbón entre República Argentina e Colón
  • Rúa de Colón
  • Rúa Rosalía de Castro entre Pontevedra e República Argentina
  • Rúa Pontevedra entre García Barbón e Rosalía de Castro
  • Rúa de Urzaiz entre a Avda. de Gran Vía e rúa de Uruguay
  • Avda. Gran Vía ascendente entre as rúas de Urzaiz e María Berdiales
  • Rúa de Hernán Cortés entre as rúas Urzaiz e de María Berdiales
  • Rúa Urzaiz descendente entre Vázquez Varela e Lepanto
  • Rúa Progreso entre Ronda de Don Bosco e Velázquez Moreno (desde o 8/11/2021)

CAMBIOS DA CIRCULACIÓN NORMAL

  • A rúa García Barbón entre República Argentina e Colón e a rúa Colón desde Marqués de Valladares serán uso exclusivo para residentes, aparcadoiro e transporte público.
  • O tramo de Colón comprendido entre Arenal e Rosalía de castro establécese dobre sentido de circulación
  • A rúa de Velázquez Moreno entre Marqués de Valladares e Policarpo Sanz permanecerá en dobre sentido para o acceso e saída ao parking de Velázquez Moreno con axuda de sinalistas.
  • Permítese o paso sentido ascendente na Avda. da Gran Vía entre as rúas Urzaiz e María Berdiales para uso exclusivo do transporte público.
  • Establécese dobre sentido de circulación para residentes na rúa de Hernán Cortés entre as rúas de María Berdiales e Urzaiz
  • Os vehículos que circulen por María Berdiales e Joaquín Lóriga serán desviados por Ronda de Don Bosco ascendente ata Velázquez Moreno (dende o 8/11/2021) .

DESVÍOS RECOMENDADOS

Recoméndanse os seguintes desvíos de tráfico:

  • Os túneles de Areal-Beiramar para aqueles vehículos que circulen polas rúas de Sanjurjo Badía, García Barbón, Areal.
  • Avd. Beiramar para os que leven destino Teis e polas rúas da Coruña-Gran Vía para os que vaian con dirección Travesía de Vigo.
  • A saída pola rúa de Isaac Peral aos vehículos procedentes da Autoestrada AP9.
  • A Avda. de Gran Vía, praza de América e rúa da Coruña para os vehículos que procedan da Praza de España con destino á zona de Beiramar

POSTOS DE EMERXENCIA E ATENCIÓN CIDADÁ

  • Posto preventivo sanitario: Servizo de Primeiros Auxilios na Praza da Princesa, entre 17:30h e as 22:30h
  • Unha ambulancia os días de alta afluencia situada en Marques de Valadares con Darío Álvarez Blázquez entre 17:30h e as 22:30h
  • Servizo itinerante en todo ámbito de Protección Civil

SERVIZO DE TRANSPORTE PÚBLICO

  • Para favorecer o transporte público disporase as seguintes medidas. Os Cambios na circulación en horario de 17:30-23:00 os días de máxima afluencia.
  • Permítese o acceso pola Gran Vía con axuda de sinalistas
  • Un carril descendente pola rúa Urzáiz ata República Argentina
  • Un carril ascendente desde a rúa Colón ata a rúa Uruguay
  • A parada de taxis da rúa Reconquista prestará servizo desde esta rúa con acceso e saída cara a rúa Marqués de Valladares

    Estas medidas comprenden desde o día do ascendido das luces de Nadal ata 0 16 de xaneiro en horario de 17:30 h ata as 23,00 h.

  • Paradas operativas máis próximas: Marqués de Valladares 19, Colón 14, Urzaiz 13, Uruguay 11, Cervantes 11 e  República     Argentina 21, García Barbón 7, Gran Vía 21, Venezuela 4,  Pi i Margall, e Cachamuiña.
  • Paradas anuladas: Arenal (Aduana) ,Policarpo Sanz (todas), Colón 27, Praza de Compostela (todas), Reconquista, Cánovas del Castillo (A laxe), Rosalía Castro (todas), Urzaiz (A Farola) e Urzaiz 28.

    Estas medidas entenderanse entre o día do acendido das luces de nadal ata o 16 de xaneiro os días de máxima afluencia, coa excepción dos desvíos das liñas de Policarpo Sanz que serán durante todo o horario de prestación do servizo.

RESTRICIÓNS DO ACCESO AOS APARCADOIROS AFECTADOS POLAS MEDIDAS DE ESPAREXEMENTO

Os seguintes aparcadoiros terán restrinxido o seu acceso tódolos días entre as 17:30 e as 23:00 entre o día do acendido das luces de nadal ata o 16 de xaneiro, consonte estas indicacións:

  • Aparcadoiro Policarpo Sanz: Acceso desde a rúa de García Barbón. Saída pola de Pontevedra
  • Aparcadoiro Velázquez Moreno (Velázquez Moreno 20): Acceso e saída desde a rúa de Marqués de Valladares pola rúa de Velázquez Moreno con axuda de sinalistas
  • Aparcadoiro Colón Centro (Colón 28): Acceso desde as rúas de Colón ou García Barbón por un carril ascendente por Colón ata rúa Uruguay. Saída cara a rúa Uruguay.
  • Aparcadoiro da Praza Portugal: Acceso dende a rúa de Colón ou de García Barbón por un carril ascendente por Colón ata a rúa de Uruguay. Saída cara a rúa de Uruguay. Saída cara á de García Barbón pola de República Argentina.
  • Aparcadoiro Urzaiz: Acceso pola rúa de Manuel Núñez, dende a rúa Colón e García Barbón por un carril ascendente pola rúa Colón ata a rúa de Uruguay, desde a rúa de Alfonso XIII pola rúa de Cervantes. Saída polas rúas de Uruguay ou de Lepanto

ACCESO AOS GARAXES AFECTADOS POLAS RESTRICIÓNS

  • Rúa de Policarpo Sanz: O tramo entre as rúas de Reconquista e de Velázquez Moreno por Reconquista. O tramo entre as rúas de Colón e Velázquez Moreno por Velázquez Moreno ascendente desde Marqués de Valladares
  • Rúa de Velázquez Moreno entre as rúas de Marqués de Valladares e Policarpo Sanz: Acceso e saída a garaxe desde a rúa  de Marqués de Valladares.
  • Rúa de Urzaiz ata Avda. da Gran Vía: entre as rúas de Uruguay e Gran Vía por Urzaiz
  • Uruguay, Gravina, Churruca, Cervantes, Roxelio Abalde, República Argentina: Desde Colón ou García Barbón por un carril ascendente por Colón ata rúa Uruguay, Gravina, Churruca, Cervantes, Roxelio Abalde, ou por Alfonso XIII, Cervantes, Roxelio Abalde.
  • Rúa de Hernán Cortés entre Urzaiz e María Berdiales: Dende María Berdiales.

    En todo caso ante unha situación de necesidade excepcional accederase a unha velocidade máxima de 10 Km/hora.

APARCADOIRO DE AUTOBUSES TURÍSTICOS

Os autobuses turísticos que se achegan o municipio con intención de aproximar os seus clientes o centro da cidade poderán usar o espazo sinalizado na Praza do Berbés para deixar e recoller pasaxeiros.

    O estacionamento de autobuses turísticos autorizase no aparcadoiro da praia de Samil.
    https://goo.gl/maps/gsrEny24wYJK8DfCA


PUNTOS PARA DESENROLO DE ACTUACIÓN DE CARÁCTER ARTÍSTICO

As actuacións de carácter artístico tales como mimo, música, teatro, malabares, debuxo ou pintura con ánimo de lucro e outras análogas, que pretendan levar a cabo no dominio público municipal, tanto de forma individualizada como en grupo, estarán suxeitas a previa autorización pola Concellería de Comercio nas localización indicadas por un máximo dun día natural ampliable ata cinco, entre o 20/11/2021-16/01/2022. Non poderán en ningún caso contar con infraestruturas, escenarios ou instalacións análogas para seu desenrolo.

  • 1- Rúa Eduardo Iglesias nº 8
  • 2- Paseo Alfonso XII ( mirador)
  • 3- Praza Colexio Arquitectos
  • 4- Praza do Descubrimento (A Pedra)
  • 5- Rúa Rosalía Castro nº 21 (ambulatorio)
  • 6- Rúa Rosalía Castro nº 7-9
  • 7- Praza Comercio (avda. García Barbón nº 22)
  • 8- Peonil Calvario (rúa Urzáiz con avda. A. Gregorio Espino)
  • 9- Peonil Calvario (rúa Urzáiz con rúa Aragón)
  • 10- Praza do Mercado Teis
  • 11- Alameda Bouzas
  • 12- Praza Independencia – rúa Pintor Lugrís
  • 13- Praza do Emigrante
  • 14- Parque da avda. Castelao coa rúa Grove onde a fonte
  • 15- Rúa Eduardo Chao nº 6
  • 16- Rúa Teófilo Llorente con rúa Real


PUNTOS PARA VENDA AMBULANTE ITINERANTE

A venda ambulante itinerante, que pretendan levar a cabo no dominio público municipal, tanto de forma individualizada como en grupo, estarán suxeitas a previa autorización pola Concellería de Comercio nas localización indicadas, entre o 20/11/2021-16/01/2022

  • 1- Barrio Histórico:
    • - Paseo Alfonso XII ( mirador)
    • - Rúa Real-Travesía Esperanza
    • - Praza Almeida (Instituto Camoes)
    • - Rúa Carral con Rúa Canovas del Castillo
    • - Praza Arguelles
    • - Praza Princesa
    • - Praza do Descubrimento (A Pedra)
  • 2- Avda. García Barbón (dende rúa República Argentina ata a igrexa Santiago de Vigo)
  • 3- Rúa Rosalía de Castro entre a rúa República Argentina e rúa Serafín Avendaño
  • 4- Peonil Calvario (rúa Urzaiz con avda. A. Gregorio Espino)
  • 5- Peonil Calvario (rúa Urzaiz con rúa Aragón)
  • 6- Manuel Núñez 3-7

    Solicítase a máxima colaboración cidadá.

Documentación