Escudo Concello de Vigo

Actualidade

Avisos

Curso "As castañas. O ciclo da invernía\" (outubro-novembro 2021)

Temática: Normalización lingüística

Data de publicación: 2021-10-06

DÍAS: 19, 21, 26, 28, de outubro; 2, 4 de novembro de 2021
HORARIO: de 17:00 a 19:00
LUGAR: edificio Mar de Vigo, planta 5ª, aula 7 (entrada pola porta da UNED-Avda. Beiramar, 57) Ligazón a google maps
SAÍDA: haberá unha saída de campo O castiñeiro e o devalo do outono en Vigo o sábado 6 de novembro. Duración: aproximadamente 2 horas

INSCRICIÓN: A inscrición, de balde, realízase na páxina web da Concellaría de Normalización Lingüística (snl.vigo.org) cubrindo o formulario https://snl.vigo.org/inscricion (no título da actividade debe poñer: castañas)

 

DIRIXIDO: a maiores de 16 anos, persoas con coñecemento da lingua galega para perfeccionar o seu galego e achegarse ao noso patrimonio natural e cultural.

TEMÁTICA: os soutos, as súas funcións. As micorrizas. Variedades da castaña. Os traballos nos soutos. Construcións achegadas á terra. Antropoloxía arredor da castaña. Os magostos. Toponimia. Receitas con castañas. O castiñeiro, árbore caducifolia. A hibernación do castiñeiro. A tradición oral

DURACIÓN: 12 horas

Protección de datos: Estes datos incorporaranse ás correspondentes actividades de tratamento do Concello de Vigo e serán tratados coa finalidade específica de cada tratamento de conformidade coa regulación establecida polo Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello sobre protección de datos de carácter persoal e demais disposicións de aplicación.
A lexitimación do tratamento está baseada no consentimento das persoas interesadas.
O prazo de conservación dos datos dependerá do especificado para cada tratamento de datos persoais.
Os datos solicitados unicamente serán obxecto de cesión, no seu caso, previo consentimento da persoa interesada ou de acordo co previsto na citada lexislación.
As persoas cuxos datos persoais sexan tratados polo Concello de Vigo poderán exercitar os dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación do tratamento e portabilidad, así como a opoñerse á toma de decisións individuais automatizadas, incluída a elaboración de perfís, na forma prevista na lexislación vixente sobre a materia, ante o órgano responsable do ficheiro. No caso de descoñecer este órgano, a solicitude dirixirase a dpd.vigo@vigo.org
Así mesmo os usuarios e usuarias tamén teñen dereito a presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos.

Documentación