Escudo Concello de Vigo

Actualidade

Avisos

A app "Vigo" incorpora tres novas rutas interactivas: dous xincanas de turismo e unha ruta histórica con audioguia no cemiterio de Pereiró

Temática: App Vigo

Data de publicación: 2021-04-21

A app móbil "Vigo" do Concello de Vigo incorpora na súa sección "Rutas interactivas" dúas novas rutas de tipo xincana: "O Vigo dos ilustres" e "A porta do tempo".

Estas rutas de turismo, de tipo xincana, detallan curiosidades históricas da cidade cun xogo de preguntas ao chegar a cada punto de interese.

A ruta "Cemiterio de Pereiró, historia da cidade" guía ao visitante, de forma interactiva, polo cemiterio, descubrindo a historia da cidade a través dos seus panteóns con audioguías que se activan de forma automática segundo séguese a ruta.