Actualidade
Data de publicación: 27-02-2025
Data de inicio: 03-03-2025
Data de fin: 04-03-2025
Poñemos en coñecemento do público en xeral que, na noite do 3 de marzo de 2025 ata o 4 de marzo de 2025 , por mor da obra de conservación do túnel de Beiramar, a realizar pola empresa Ute Esycsa Etra I+D Moveas Vigo Ley 18/1 , estarán pechados ao tráfico, en horario nocturno (22:30 a 02:30 ), os dous lados do TUNEL DE BEIRAMAR, . Coa fin de garantir a circulación viaria, habilitarán un carril de circulación na Pza Compostela, entre Areal e Cánovas del Castillo, sentido cara a Cánovas del Castillo.
Para habilitar o devandito carril, taparán o panel de mensaxe variable sito no cruzamento de Areal con Pza Compostela mentres duren os traballos.
Ao rematar os traballos destaparán o panel de mensaxe variable.
Solicítase a máxima colaboración cidadá.
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100