Actualidade
Data de publicación: 17-12-2024
Data de inicio: 23-12-2024
Data de fin: 23-12-2024
Poñemos en coñecemento do público en xeral que por mor da obra de retirada urxente de caseta na cuberta, a realizar pola empresa Alonso Doural Sl , estará pechada ao tráfico a rúa REPUBLICA ARGENTINA(RUA) N 22 (VIGO) , con acceso exclusivo para garaxes, servizo público e carga descarga, o 23 de decembro de 2024 dende as 08:00 horas e por un período aproximado de catro horas. Desvío polo carril Bus, Uruguay.
Mentres dure o peche, a saída do parquing será por República Arxentina, cara a Rogelio Abalde, Rogelio Abalde, cara a Cervantes, Cervantes, Urzaiz. Non se permitirá a saída do parquing por República Arxentina directamente a Urzaiz.
Solicítase a máxima colaboración cidadá.
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100