Actualidade

Avisos de tráfico

Pechados ao tráfico, en horario nocturno (22:30 a 05:30 ), os dous lados do TUNEL DE BEIRAMAR

Data de publicación: 26-07-2024

Data de inicio: 29-07-2024

Data de fin: 30-07-2024

Poñemos en coñecemento do público en xeral que, na noite do 29 de xullo de 2024 ata o 30 de xullo de 2024 , por mor da obra de conservación do túnel de Beiramar, a realizar pola empresa Ute Esycsa Etra I+D Moveas Vigo Ley 18/1982 , estarán pechados ao tráfico, en horario nocturno (22:30 a 05:30 ), os dous lados do TUNEL DE BEIRAMAR. Coa fin de garantir a circulación viaria, habilitarán un carril de circulación na Pza Compostela, entre Areal e Cánovas del Castillo, sentido cara a Cánovas del Castillo.

Para habilitar o devandito carril, taparán o panel de mensaxe variable sito no cruzamento de Areal con Pza Compostela mentres duren os traballos.

Ao rematar os traballos destaparán o panel de mensaxe variable.

Solicítase a máxima colaboración cidadá.

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100