Escudo Concello de Vigo

Actualidade

Avisos de tráfico

Pechado ao tráfico o TÚNEL de LEPANTO

Data de publicación: 09-02-2023

Data de inicio: 13-02-2023

Data de fin: 26-03-2023

Poñemos en coñecemento do público en xeral que por mor da obra de "CONEXIÓN PEONIL ENTRE AS RÚAS SERAFÍN AVENDAÑO E VÍA NORTE NO CONCELLO DE VIGO" , a realizar pola empresa Ferrovial Construccion Sa Y Oreco Balgon Sa Ute , estará pechado ao tráfico o TÚNEL LEPANTO, dende o 13 de febreiro de 2023 ás 00:00 horas e por un período aproximado dun mes. Mentres duren os traballos, e para garantir a mobilidade dos autobuses, pecharase o carril dereito da rúa ALFONSO XIII, entre a AP9 e García Barbón.

Solicítase a máxima colaboración cidadá.