Actualidade
Data de publicación: 17-11-2022
Data de inicio: 22-11-2022
Data de fin: 25-11-2022
Poñemos en coñecemento do público en xeral que por mor da obra de mellora das instalacións do túnel de Beiramar, en horario nocturno, a realizar pola empresa Ute Esycsa Etra I+D Moveas Vigo Ley 18/1 , estará pechado ao tráfico o TÚNEL BEIRAMAR, EN HORARIO NOCTURNO, do seguinte xeito: Os traballos comezan a noite do martes 22 ao mércores 23 e rematan a noite do xoves 24 ao venres 25. Noite do martes lado terra. Noites do mércores e xoves lado mar e lado terra. en horario de 22:30 a 05:30. As noites de ocupación do lado mar recoméndase aos vehículos pesados o desvío pola VG20. Os vehículos lixeiros desvíos por García Barbón, Urzaiz, Gran Vía, Pza América, Coruña, Beiramar.
Solicítase a máxima colaboración cidadá.
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra)
Teléfono Concello de Vigo: 010 - 986810100