Escudo Concello de Vigo

Actualidade

Avisos de tráfico

Pechados ao tráfico, en horario nocturno (23:00 a 05:00 ), os TÚNELES DA CIDADE

Data de publicación: 22-10-2021

Data de inicio: 25-10-2021

Data de fin: 30-10-2021

Poñemos en coñecemento do público en xeral que, dende o 25 de outubro de 2021 ata o 30 de outubro de 2021 , por mor da obra de mantemento dos túneles da Cidade en horario nocturno, a realizar pola empresa Ute Luz E Vigo, estarán pechados ao tráfico, en horario nocturno (23:00 a 05:00 ), os TÚNELES DA CIDADE, do seguinte xeito: 25/10 Túnel Beiramar, lado mar. 26/10 Túnel Beiramar, lado mar. 27/10 Túnel Beiramar, lado mar (de 22 a 05). 27/10 Túnel Beiramar, lado terra. 28/10 Túnel Beiramar, lado terra. 29/10 Túnel Beiramar, lado terra. . As noites de ocupación do túnel de Beiramar, lado mar e coa fin de garantir a circulación viaria, habilitarán un carril de circulación na Pza Compostela, entre Areal e Cánovas del Castillo, sentido cara a Cánovas del Castillo.

Para habilitar o devandito carril, taparán o sinal R101 sito no cruzamento de Areal con Pza Compostela mentres duren os traballos.

Ao rematar os traballos destaparán o sinal R101.

Solicítase a máxima colaboración cidadá.