Escudo Concello de Vigo

Actualidade

Avisos de tráfico

Establécese sentido único por obras na rúa VENDA, entre Ramiro Pascual e a rotonda de unión aos viais de acceso ao hospital Alvaro Cunqueiro, cara ao hospital Alvaro Cunqueiro.

Data de publicación: 07-07-2021

Data de inicio: 30-06-2021

Data de fin: 28-10-2021

Poñemos en coñecemento do público en xeral que por mor da obra de construcción de beirarrúas na estrada da Venda, a realizar pola empresa Obras Reformas Y Saneamientos Sl , establécese sentido único por obras na rúa VENDA, entre Ramiro Pascual e a rotonda de unión aos viais de acceso ao hospital Alvaro Cunqueiro, cara ao hospital Alvaro Cunqueiro. , dende o 12 de xullo de 2021 ás 10:00 horas e por un período aproximado de catro meses.

Solicítase a máxima colaboración cidadá.