Escudo Concello de Vigo

Actualidade

Avisos de tráfico

Pechados ao tráfico, en horario nocturno (23:00 a 05:00 ), os TÚNELES DA CIDADE

Data de publicación: 11-06-2021

Data de inicio: 14-06-2021

Data de fin: 19-06-2021

Poñemos en coñecemento do público en xeral que, dende o 14 de xuño de 2021 ata o 19 de xuño de 2021 , por mor da obra de mantemento dos túneles da Cidade en horario nocturno (23:00 a 05:00), a realizar pola empresa Ute Luz E Vigo , estarán pechados ao tráfico, en horario nocturno (23:00 a 05:00 ), os TÚNELES DA CIDADE, do seguinte xeito: 14/06 túnel Beiramar, lado terra. 15/06 túnel Beiramar, lado terra. 16/06 túnel Beiramar, lado mar. 17/06 túnel AP9, sentido entrada a Vigo. 18/06 túnel AP9, sentido saída de Vigo.

A noite de ocupación do túnel de Beiramar, lado mar e coa fin de garantir a circulación viaria, habilitarán un carril de circulación na Pza Compostela, entre Areal e Cánovas del Castillo, sentido cara a Cánovas del Castillo.

Para habilitar o devandito carril, taparán o sinal R101 sito no cruzamento de Areal con Pza Compostela mentres duren os traballos.

Ao rematar os traballos destaparán o sinal R101.

Solicítase a máxima colaboración cidadá.