Escudo Concello de Vigo

Actualidade

Avisos de tráfico

Pechados ao tráfico, en horario nocturno (23:00 a 05:00 ), os TÚNELES DA CIDADE

Data de publicación: 31-03-2021

Data de inicio: 05-04-2021

Data de fin: 10-04-2021

Poñemos en coñecemento do público en xeral que, dende o 5 de abril de 2021 ata o 10 de abril de 2021 , por mor da obra de mantemento dos túneles da Cidade, en horario nocturno, a realizar pola empresa Ute Luz E Vigo , estarán pechados ao tráfico, en horario nocturno (23:00 a 05:00 ), os TÚNELES DA CIDADE, do seguinte xeito: 05/04 túneles de Pza América e Pza España. 06/04 túnel de Beiramar, lado mar. 07/04 túnel de Beiramar, lado terra. 08/04 túneles de Martínez Garrido e Gregorio Espino. 09/04 túneles de AP9, sentido saída de Vigo e Isaac Peral. . A noite de ocupación do túnel de Beiramar, lado mar e coa fin de garantir a circulación viaria, habilitarán un carril de circulación na Pza Compostela, entre Areal e Cánovas del Castillo, sentido cara a Cánovas del Castillo.

Para habilitar o devandito carril, taparán o sinal R101 sito no cruzamento de Areal con Pza Compostela mentres duren os traballos.

Ao rematar os traballos destaparán o sinal R101.

Solicítase a máxima colaboración cidadá.