Actualidade
Data de publicación: 03-12-2020
Data de inicio: 05-12-2020
Data de fin: 05-12-2020
Poñemos en coñecemento do público en xeral que por mor da obra de traballos para Vialia, a realizar pola empresa Grúas Doniz,S.L. , estará pechada ao tráfico a rúa VIA NORTE(RUA) N 2 (VIGO), con acceso exclusivo para garaxes, servizo público e carga descarga, o 5 de decembro de 2020 dende as 08:00 ás 16:00 horas. Mentres dure o peche, establécese dobre sentido na rúa Via Norte, entre Escultor Gregorio Fernández e Párroco José Otero. Os desvíos, debidamente sinalizados, establécense polas rúas: Travesía de Vigo, Urzaiz. O acceso á rúa Vázquez Varela será por Travesía de Vigo, Pizarro, Brasil. Os usuarios e residentes desviaranse por Párroco José Otero ou Canadelo Alto.
Solicítase a máxima colaboración cidadá.
Concello de Vigo
Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra)
Teléfono Concello de Vigo: 010 - 986810100