Actualidade
Data de publicación: 01-12-2020
Data de inicio: 06-12-2020
Data de fin: 06-12-2020
Poñemos en coñecemento do público en xeral que por mor da obra de mantemento do túnel de Beiramar, lado mar, a realizar pola empresa Ute Esycsa Etra I+D , estará pechado ao tráfico o TÚNEL DE BEIRAMAR, LADO MAR, o domingo 6 de decembro de 2020 en horario de 07:30 a 14:00.
Coa fin de garantir a circulación viaria, habilitarán un carril de circulación na Pza Compostela, entre Areal e Cánovas del Castillo, sentido cara a Cánovas del Castillo.
Para habilitar o devandito carril, taparán o sinal R101 sito no cruzamento de Areal con Pza Compostela mentres duren os traballos.
Ao rematar os traballos destaparán o sinal R101.
Solicítase a máxima colaboración cidadá.
Concello de Vigo
Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra)
Teléfono Concello de Vigo: 010 - 986810100