Escudo Concello de Vigo

Actualidade

Avisos de tráfico

BANDO NADAL 2020

Data de publicación: 19-11-2020

Data de inicio: 11-12-2020

Data de fin: 11-01-2021

Co fin de facilitar a mobilidade en xeral no centro da cidade, debido á maior afluencia de persoas e vehículos, co gallo das festas do Nadal, compre o establecemento de medidas provisorias na zona urbana interior ao arco delimitado polas rúas:

Doutor Corbal, Bos Aires, Travesía de Vigo, Aragón, Jenaro de la Fuente, Avda. Martínez Garrido, Estación de Autobuses, Avda. Arquitecto Palacios, Avda. Castrelos, Avda. Portanet, Avda. Citroën, circunvalación Oeste ata Bouzas, establécense as seguintes restriccións:

1.- Dende as 24,00 horas do venres día 11 de decembro de 2020 ata as 08,00 horas do luns día 11 de xaneiro de 2021, prohíbese a realización de calquera obra ou evento que afecte á vía pública, tanto na calzada como nas beirarrúas, salvo autorización expresa por parte desta Alcaldía.

As obras ou traballos que se están a executar na vía pública deberán quedar rematadas ás 24,00 horas do venres día 11 de decembro de 2020. As empresas responsables delas estarán obrigadas a repoñer o pavimento e a sinalización para deixar expedita a libre circulación de persoas e vehículos, polo que terán que retirar casetas, valos, materiais de obra e maquinaria, colectores de obra, sacos de residuos ou calquera outro acopio de materiais na vía pública coa limpeza de calzada e beirarrúas nas rúas e espacios públicos afectados.

2.- Os traballos poderán continuarse a partir das 08,00 horas do vindeiro luns día 11 de xaneiro de 2021.

3.- Nas devanditas datas únicamente poderán ser atendidas, sen limitación de horarios, as emerxencias ou avarías que revistan carácter de urxencia. Cumprirá darlle coñecemento destas, cando se produza, á Policía Local, cando menos telefónicamente e deberase presentar no Concello, a través do seu Rexistro Xeral, e dentro das 24 horas seguintes, un dictame xustificativo da urxencia e alcance da avaría, subscrito polo técnico competente responsable da obra ou instalación afectada.

4.- Os demais traballos de mantemento ou reparación precisos nas vías e servizos públicos, durante estes días, poderán realizarse entre as 22,00 horas e as 09,00 horas do día seguinte, trala autorización expedida pola Alcaldía.

5.- De ser necesario cortes de tráfico, serán comunicados oportunamente.

O incumprimento destas normas dará lugar á incoación do correspondente expediente sancionador e imposición da multa na contía máxima establecida na vixente lexislación de réxime local, así como á inmediata paralización das que se inicien, sen prexuízo de calquera outra medida que proceda adoptar.