Escudo Concello de Vigo

Actualidade

Avisos de tráfico

Pechado ao tráfico o TÚNEL DE BEIRAMAR, LADO MAR

Data de publicación: 16-10-2020

Data de inicio: 18-10-2020

Data de fin: 18-10-2020

Poñemos en coñecemento do público en xeral que por mor da obra de mantemento do túnel de Beiramar, lado mar, a realizar pola empresa Ute Esycsa Etra I+D , estará pechado ao tráfico o TÚNEL DE BEIRAMAR, LADO MAR, o domingo 18 de outubro de 2020 en horario de 07:30 a 14:00.

Coa fin de garantir a circulación viaria, habilitarán un carril de circulación na Pza Compostela, entre Areal e Cánovas del Castillo, sentido cara a Cánovas del Castillo.

Para habilitar o devandito carril, taparán o sinal R101 sito no cruzamento de Areal con Pza Compostela mentres duren os traballos.

Ao rematar os traballos destaparán o sinal R101.

Solicítase a máxima colaboración cidadá.