Escudo Concello de Vigo

Actualidade

Avisos de tráfico

pechada ao tráfico a rúa VIA NORTE(RUA) N 28_01 (VIGO)

Data de publicación: 25-06-2020

Data de inicio: 27-06-2020

Data de fin: 30-06-2020

Poñemos en coñecemento do público en xeral que por mor da obra de colocación de vigas, a realizar pola empresa Grúas Doniz,S.L. , estará pechada ao tráfico a rúa VIA NORTE(RUA) N 28_01 (VIGO) , con acceso exclusivo para garaxes, servizo público e carga descarga, dende o 27 de xuño de 2020 ás 15:30 horas e por un período aproximado de catro días. O peche comezará ás 15:30 horas do 27/06 e rematará ás 24:00 horas do 28/06. A partir das 00:00 horas do 29/06 permitirase a circulación de turismos con cortes puntuais de tráfico de menos de dez minutos. O guindastre permanecerá na zona ata o remate dos traballos. Os desvíos, debidamente sinalizados, establécense do seguinte xeito: Tráfico procedente de Travesía de Vigo desvío por Travesía de Vigo, Urzaiz. Tráfico procedente das rúas perpendiculares a Vía Norte desvío por Párroco José Otero. Mentres dure o peche establécese dobre sentido na rúa Vía Norte, entre Escultor Gregorio Fernández e Párroco José Otero. O acceso a Vázquez Varela será por Travesía de Vigo, Pizarro, Brasil.

Solicítase a máxima colaboración cidadá.