Escudo Concello de Vigo

Actualidade

Avisos de tráfico

Medidas de esparexemento cidadá cara a normalización da vida social

Data de publicación: 19-06-2020

Data de inicio: 20-06-2020

Data de fin: 30-09-2020

Ponse en coñecemento do público en xeral que, co obxectivo de favorecer o esparexemento cidadán dentro das medidas da restauración da normalidade da vida social, acórdase restrinxir o tráfico rodado Festivos e Domingos entre as 11:00 e 23:00 horas; Laborais entre as 18:00 e 23:00 horas. nas rúas enumeradas a continuación:

Zona Bouzas: Johan Carballeira

Zona Coia: Nigran, Marín entre Castelao e Vilagarcía de Arousa.

Zona Navia: Pedra Seixa (entre Poza Cabalo e Lamelas), Limpiño.

Zona Balaídos/Castrelos: Caleira, Pablo Igesias.

Zona Povisa/Traviesas: José Posada Curros (entre Nazario González e Amor Ruibal).

Entorno Torrecedeira: Severo Ochoa (entre Marqués de Valterra e Jacinto Benavente), Jacinto Benavente (entre Instituto Oceanográfico e Paz), Juan Ramón Jimenez.

Centro: Concepción Arenal, Inés Pérez de Ceta, Pontevedra, Rosalía de Castro (entre Inés Pérez de Ceta e Pontevedra).

Entorno O Castro: Manuel Olivié (entre Marqués de Alcedo e Paseo de Rosalía de Castro), Paseo de Rosalía de Castro, Paseo dos Cedros, Paseo Cronista X M Alvarez Blazquez , Travesía Marqués de Alcedo, Taboada Leal (entre Travesía Marqués de Alcedo e Nicaragua), Nicaragua (entre Taboada Leal e Praza Elíptica).

Zona Calvario: Cronista José Espinosa.

Zona de Estación de autobuses: Xílgaro, Estorniño, Gregorio Espino (entre Aguia e Jenaro de la Fuente), Urzaiz (entre Pizarro e Gregorio Espino, con acceso ao Parking).

Zona Teis: Purificación Saavedra (entre Enrique Lorenzo e Sanjurjo Badía), Santander, Doña Fermina.

Respectarase en todo caso o acceso rodado ao domicilio da veciñanza, a unha velocidade máxima de 10 Km/hora, e favorecerase a prestación do servizo do transporte público urbano.

Estas medidas estarán vixentes dende o sábado 20 de xuño de 2020 ata o 30 de setembro de 2020.

Asemade, establécese como zona restrinxida ao tráfico a Praza de Compostela nos seus accesos dende Areal, Concepción Arenal (acceso ao parquing), Velázquez Moreno e Victoria, excepto para residentes, PMR, transporte público e carga descarga, a partir do martes 23 de xuño de 2020.

Mapa Peatonalización