Escudo Concello de Vigo

Actualidade

Avisos de tráfico

Cortes tráfico Instituto Oceanografico e Jacinto Benavente

Data de publicación: 24-04-2020

Data de inicio: 04-05-2020

Data de fin: 04-08-2020

Poñemos en coñecemento do público en xeral que por mor da obra de canalización, a realizar pola empresa Fcc Aqualia , estarán pechadas ao tráfico as rúas seguintes: Corte de tráfico do sentido cara á rúa Jacinto Benavente na rúa INSTITUTO OCEANOGRÁFICO, os desvíos, debidamente sinalizados, establécense polas rúas: Marqués de Valterra, Juan R. Jiménez, Jacinto Benavente. Corte de tráfico do sentido cara á rúa Coruña na rúa JACINTO BENAVENTE, entre as rúas Instituto Oceanográfico e Juan R. Jiménez, os desvíos, debidamente sinalizados, establécense polas rúas: Instituto Oceanográfico, Marqués de Valterra, Juan R. Jiménez, Jacinto Benavente, dende o 4 de maio de 2020 ás 10:00 horas e por un período aproximado de tres meses.

Solicítase a máxima colaboración cidadá.