Actualidade

Avisos

TRANSPORTE: VITRASA PON EN MARCHA O SERVIZO ESPECIAL ÁS PRAIAS A PARTIR DO 15 DE XULLO

Temática: Transporte

Data de publicación: 12-07-2021

A partir desta semana, concretamente dende o día 15 de xullo, Vitrasa porá en marcha o servizo especial ás praias de Vigo. Un total de 7 liñas conectarán Vigo con todos os areais, chegando en puntos como Samil a unha frecuencia de aproximadamente 5 minutos. En concreto, ademais das 6 liñas que conectan Vigo coas praias: L10, L11, L12A, L15A, L15B e L15C, tamén amplía o seu percorrido a liña C3 en todos os días da semana, mantendo os seus horarios habituais. Por outra banda, nas horas punta reforzarase o servizo para facilitar a mobilidade ós areais.

Coa tarxeta de transporte, os usuarios poderán realizar ata 2 transbordos gratuítos en 45 minutos, podendo chegar desde calquera punto de Vigo aos areais da cidade.

Vitrasa recorda que, en cumprimento coas limitacións de aforo establecidas pola Xunta de Galicia que limitan a 1/3 a ocupación nas prazas de pé, poden rexistrarse algunhas dificultades para atender a demanda se ésta se concentrase nun momento concreto, aínda que a empresa terá reforzos previstos para tratar de abordar estas concentracións puntuais de usuarios.

Este servizo especial ás praias finalizará previsiblemente o vindeiro 31 de agosto.

Medidas de seguridade a bordo

A empresa concesionaria do transporte público Vitrasa activou, dende o inicio da crise sanitaria, un rigoroso protocolo con diferentes medidas co obxectivo de garantir a seguridade de usuarios e condutores a bordo. Entre as medidas postas en marcha pola empresa destacan a instalación de dispensadores con xel hidroalcohólico en todos os vehículos, a limpeza e desinfección exhaustiva dos autobuses a diario, a colocación de mamparas no posto do condutor, a ventilación coas fiestras permanentemente abertas, a apertura de todas as portas durante os recesos, o control de aforos a través das cámaras instaladas a bordo, etc. Os protocolos de Vitrasa están avalados por AENOR, quen lles outorgou o certificado de boas prácticas contra a COVID-19.

Recomendacións ós usuarios

Vitrasa lembra aos usuarios e usuarias que é obrigatorio o uso de máscara no interior dos vehículos, recoméndase o pago con tarxeta PassVigo e, no caso de levar efectivo, é preferible aportar o importe exacto do traxecto. Outras das recomendacións é evitar as conversas durante a viaxe (incluso por teléfono móbil) e acceder de forma ordenada ao bus. Ademais, non está permitido comer nin beber nos autobuses.


 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100