TRANSPORTE: CORTE DE TRÁFICO: GRAN PREMIO CICLISTA TEIS 2021
Temática: Transporte
Data de publicación: 30-06-2021
Por mor do “29º Gran Premio Ciclista Teis 2021” haberá un corte de tráfico o domingo 4 de xullo, dende as 10:30, cunha duración aproximada de dúas horas, que afectará ás seguintes rúas: Sanjurjo Badía, Julián Estévez, Enrique Lorenzo e Avda. de Guixar.
A liña L17 fará cabeceira na parada de Travesía de Vigo, Nº 239.
Desvío desde García Barbón sentido Sanjurjo Badía:
- C3: desde García Barbón por: Isaac Peral, Trav. de Vigo, Buenos Aires e Avda. Galicia.
- L5B, L17 e L31: desde García Barbón por: Isaac Peral, Trav. de Vigo e volta na rotonda de B. Aires.
Desvío desde Avda. de Galicia / Buenos Aires sentido García Barbón:
- C3: desde Avda. Galicia por: Buenos Aires, Trav. de Vigo, San Lourenzo e García Barbón.
- L5B: desde Travesía de Vigo por: Volta na rotonda de Buenos Aires, Trav. de Vigo, San Lourenzo e García Barbón.
- L17: fai cabeceira na parada de Travesía de Vigo, Nº 239, e desde Travesía por: Trav. de Vigo, San Lourenzo e García Barbón.
Paradas anuladas:
- Todas as de: Sanjurjo Badía, Dr. Corbal, Pedro Alvarado, Enrique Lorenzo, Sta. Tegra e Julián Estévez.
- Todas as de Buenos Aires (Excepto para a liña C3).
- As de García Barbón: Fronte Nº 104, Nº 106, fronte Nº 120 e Nº 126.