Actualidade

Avisos

Dispoñibles 13 novas rutas de medioambiente na app Vigo

Temática: App Vigo

Data de publicación: 29-03-2021

A app "Vigo" incorpora 13 novas rutas de medioambiente.

Tres sendeiros azuis: 'Camiño a beiramar', seguindo o río Lagares ata a costa, con dúas variantes: ata Canido e ata Bouzas; tamén o sendeiro entre faros nas Cíes e o sendeiro Litoral e do Monte da Guía.

Ademais, incorpóranse varios sendeiros locais: Bembrive-Beade, Cabral, Candeán, Coruxo, Oia, Saiáns, Valadares, Zamáns e Matamá-Comesaña, sumando un total de 21 propostas interactivas.

Para poder ver e seguir as rutas hai que acceder á sección "Rutas Interactivas" da app móbil "Vigo" dispoñible tanto para Android como iOS.

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100