Actualidade

Avisos

TRANSPORTE: REALIZA TODOS OS TEUS TRÁMITES DA TARXETA PASSVIGO ONLINE

Temática: Transporte

Data de publicación: 23-09-2020

Recordamos ós usuarios que todos os trámites relacionados coa tarxeta PassVigo pódense facer a través da páxina web da tarxeta -https://passvigo.vigo.org/- cómodamente desde a casa.

Se tes dudas á hora de solicitar unha nova tarxeta, bota un ollo a este tutorial paso a paso:

No caso de ter que realizar outro tipo de trámite (renovacións, duplicados, recuperación de usuario...) na home da páxima de PassVigo (https://passvigo.vigo.org/) atoparás un enlace para cada tipo de xestión. Atopa a túa e faina tranquilamente desde a casa!

 

 

 

Dende o servizo de Atención ao Viaxeiro recordan que a maneira máis rápida, cómoda e segura de empregar o transporte público é empregar a tarxeta PassVigo e que todos os trámites relacionados coa ela (solicitude, renovación, duplicados, etc.) se poden facer online en https://passvigo.vigo.org/.

Todos os autobuses do Transporte Urbano de Vigo desinféctanse a diario, cumprindo a normativa vixente e seguindo todos os requisitos de sanidade para que os usuarios viaxen tranquilos e seguros. Nos autobuses, o uso da máscara é obrigatorio. Os protocolos seguidos por Vitrasa está avalados por AENOR, quen otorgou a empresa de transporte o certificado de boas prácticas contra a COVID-19.


 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100