Actualidade
Temática: Normalización Lingüística
Data de publicación: 23-11-2020
Aberto o prazo de inscrición
CURSO EN LIÑA
Días: 14, 15 e 16 de decembro de 2020
Horario: de 17:30 a 20:30
O curso é gratuíto, pero o alumnado debe dispoñer de ordenador ou tablet con micrófono e altofalantes para poder seguir as aulas (non se pode usar un teléfono móbil)
Impartido por: Silvia Penas
Inscrición: a través da páxina web do snl en inscrición (deben poñer no título da actividade: slam)
Sinopse:
Un slam é un torneo de poetas que recitan os seus textos baixo a atenta ollada dun público que cualificará a súa intervención.
Achegarnos a modelos de textos que habitualmente se enmarcan neste “xénero” da poesía falada ou recitada para coñecer a súa orixe e as tendencias máis actuais.
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100