Actualidade

Avisos

TRANSPORTE PÚBLICO: VITRASA PON EN MARCHA UNHA CAMPAÑA PARA POTENCIAR A ACTIVACIÓN ONLINE DA TARXETA PASSVIGO DE ESTUDANTES NO NOVO CURSO

Temática: Transporte

Data de publicación: 01-09-2020

Vitrasa inicia hoxe unha campaña dirixida a potenciar a activación e renovación da Tarxeta PassVigo entre estudantes con motivo do novo curso a través da páxina web da tarxeta -https://passsvigo.vigo.org/- co obxectivo de evitar, na medida do posible, as xestións presenciais.

Desde Vitrasa preparáronse diferentes pezas de cartelería así coma un vídeo tutorial que mostra en tres sinxelos pasos como solicitar a tarxeta PassVigo dende casa. Todos estes materiais serán remitidos aos colexios, centros de FP e á Universidade de Vigo para que poidan difundilos nos seus canais propios de comunicación ao estudantado. Toda esta información pódese atopar tamén no apartado TARIFAS e BONOS desta web:
http://www.vitrasa.es/php/index.php?pag=tarifas/tarifas&tarifa=17

Dende o servizo de Atención ao Viaxeiro recordan que a maneira máis rápida, cómoda e segura de empregar o transporte público é empregar a tarxeta PassVigo e que todos os trámites relacionados coa ela (solicitude, renovación, duplicados, etc.) se poden facer online en https://passsvigo.vigo.org/.

Para os estudantes de calquera centro de ensinanza Infantil, Secundaria, F.P. ou Bacharelato de Vigo, o coste do viaxe é de 0,86€ empregando esta tarxeta. Se o usuario da tarxeta é menor de idade, tamén serán precisos os datos do pai, nai ou representante legal do menor.

Para os estudantes matriculados no presente curso nunha Facultade ou Escola pertencente ó Campus Universitario de Vigo, o coste do viaxe é de 0,67€ empregando a PassVigo.

Para consultar os percorridos e horarios de todas as liñas, pódese facer a través da páxina www.vitrasa.es, e nas aplicacións para móbil Moovit e Vigo App. No caso dos estudantes universitarios, Vitrasa dispón ademáis de dúas lanzadeiras ao CUVI desde o centro da cidade (U1 e U2) que comezarán a dar servizo o 21 de setembro.

Todos os autobuses do Transporte Urbano de Vigo desinféctanse a diario, cumprindo a normativa vixente e seguindo todos os requisitos de sanidade para que os usuarios viaxen tranquilos e seguros. Nos autobuses, o uso da máscara é obrigatorio. Os protocolos seguidos por Vitrasa está avalados por AENOR, quen otorgou a empresa de transporte o certificado de boas prácticas contra a COVID-19.

 


 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100