Actualidade
Temática: Alcaldía
Data de publicación: 08-07-2020
Dase conta de que, expirada a vixencia do estado de alarma, o Auditorio Mar de Vigo desenvolve a súa actividade nos termos determinados na normativa reguladora das medidas de prevención, contención e coordinación para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, e segundo informe de data 03/07/2020, asinado pola xefa da Área de Xestión Patrimonial e Territorial e polo xefe do servizo de Promoción e Xestión Cultural, conformado pola Concelleira-Delegada da Área de Contratación, Patrimonio e Xestión Municipal e polo Concelleiro-Delegado de Cultura, Emprego e Participación Cidadá.
Modificanse as Resolucións previas desta Alcaldía, de 12, 14 e 15 de marzo no relativo ao peche total das instalacións: Pavillón de Coia, Ludotecas nas sedes de APAMP, CRAC Coruxo e AVDC de Lavadores e Centro de usos múltiples Vigosónico, dependentes da Concellería de Xuventude, de conformidade coa Orde SND/399/2020, do 9 de maio, a Orde SND/414/2020, de 16 de maio e Orde SND/458/2020, de 30 de mayo. A reapertura destas instalacións efectuarase a partires do día 7 de xullo de 2020, segundo proposta do 03/07/2020 da xefa do Servizo de Xuventude do Concello de Vigo, conformada polo Concelleiro Delegado de Educación e Xuventude.
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100