Actualidade

Avisos

TRANSPORTE PÚBLICO: VITRASA PON EN MARCHA O SERVIZO ESPECIAL ÁS PRAIS A PARTIR DA PRÓXIMA SEMANA

Temática: Transporte

Data de publicación: 12-06-2020

A partir da próxima semana, Vitrasa porá en marcha o servizo especial ás praias de Vigo. A data de arranque dependerá da climatoloxía esperando que chegue o bo tempo nos vindeiros días. Un total de 9 liñas conectarán Vigo con todos os areais chegando en puntos como Samil a unha frecuencia de menos de 5 minutos. En concreto, ademais das 6 liñas que conectan Vigo coas praias: L10, L11, L12A, L15A, L15 e L15C, tamén amplían o seu percorrido outras 3 liñas: C3, L4C e L23, mantendo os seus horarios habituais.

Por outra banda, nas horas punta reforzarase o servizo para facilitar a mobilidade con seguridade.

Coas tarxetas de transporte, os usuarios poderán realizar 2 transbordos gratuítos en 45 minutos, podendo chegar desde calquera punto de Vigo ás praias.

Este servizo especial finalizará o vindeiro 15 de setembro pero terase en conta a climatoloxía desas datas por se houbese que prolongalo por bo tempo.

Medidas de seguridade a bordo


Vitrasa ten implantado diferentes medidas co obxectivo de garantir a seguridade dos viaxeiros e condutores entre as que destacan a obrigatoriedade de máscara a bordo do bus, a eliminación do pago en metálico por pago con tarxeta, o acceso ao autobús pola porta central, a distancia de seguridade na entrada ao autobús e dentro do vehículo...

Con respecto aos traballadores, colocáronse mamparas de separación no posto do condutor de todos os vehículos. Outra das medidas implementadas máis importante é a desinfección diaria de toda a flota de buses.

Actualmente, pódese ocupar o 100% dos asentos e nas zonas de pé poden estar dúas persoas por metro cadrado.

Vitrasa conta co certificado de boas prácticas fronte ao Covid

Vitrasa acaba de obter o Certificado de Boas Prácticas contra a COVID-19 que outorga AENOR e que pon de manifesto que os seus servizos son operados coas maiores garantías hixiénico-sanitarias. O seu obxectivo é ofrecer aos viaxeiros máxima confianza á hora de viaxar, que se sintan 100% seguros e recuperar así os seus hábitos de mobilidade en transporte público, un aspecto crave nesta fase de desescalada para afrontar con éxito a volta á normalidade e mellorar a súa calidade de vida.

Vitrasa deseñou e implementou un protocolo moi esixente en todas as súas instalacións para o cumprimento de todas as instrucións das autoridades sanitarias e as mellores prácticas recomendadas polas institucións internacionais co obxectivo de garantir a seguridade dos viaxeiros e traballadores.


 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100