Actualidade

Avisos

Aberto o prazo de presentación de solicitudes do programa "Vigo en inglés 2020" do 10 de xuño ata o 9 de xullo

Temática: Educación

Data de publicación: 10-06-2020

A Xunta de Goberno Local na súa sesión ordinaria do 5 de Xuño de 2020, aprobou a modificación da base IV “Publicidade e Prazo” das bases específicas para o desenvolvemento da convocatoria para a adxudicacion de prazas para a participación no programa municipal de inmersión en lingua inglesa (Vigo en inglés 2020) dirixidas ao alumnado de 3º de ESO de centros educativos do Concello de Vigo sostidos con fondos públicos.

O prazo de presentación de solicitudes e documentación complementaria correspondente para participar no programa municipal “Vigo en Inglés 2020”, será dun mes contado a partir do día seguinte á publicación da modificación das bases aprobada por acordo da Xunta de Goberno Local no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOP).

Dado que a modificación das bases se publicaron o martes 09/06/2020 no BOP Nº 109, o prazo para a presentación  de solicitudes será do mércores 10 de xuño ao xoves 9 de xullo de 2020, ambos os dous incluídos.

Máis información en https://www.vigoeningles.org

Documentación

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100