Actualidade

Avisos

O museo MARCO abre de novo no seu horario habitual

Temática: Cultura

Data de publicación: 01-06-2020

A partir do martes 2 de xuño, o MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo, abre de novo as súas portas ao público no seu horario habitual.

Martes a sábados de 11.00 a 14.30 e de 17.00 a 21.00.

Domingos de 11.00 a 14.30. Pechado os luns.

Debido á nova situación derivada da crise do Covid-19, e en cumprimento da normativa sanitaria vixente a día de hoxe para espazos públicos pechados, preparamos as seguintes indicacións e recomendacións que facilitarán o acceso e circulación de persoas no interior do museo, á vez que garanten a seguridade de visitantes e persoal.

Documentación

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100