Actualidade

Avisos

TRANSPORTE PÚBLICO: BASES DO CONCURSO "OS NOSOS PEQUENOS HEROES

Temática: Transporte

Data de publicación: 13-05-2020

A acción "OS NOSOS PEQUENOS HEROES” é un concurso de VIGUESA DE TRANSPORTES SL (en diante denominada “VITRASA”), con CIF número B36693778 e con domicilio social en Carretera de Camposancos, 36 (Vigo).

OBXECTO DO CONCURSO
Este concurso (en diante, o “Concurso”) ten por obxectivo felicitar aos tamén heroes da COVID 19, os nenos vigueses e recoñecer aos maiores da cidade olívica.

PERIODO DO CONCURSO
O Concurso dará comezo ás 13.00 horas do martes 12 de maio e finalizará ás 00.00 horas do martes 19 de maio.

PARTICIPACIÓN NO CONCURSO
Poderán participar no concurso nenos e nenas de 7 a 15 anos, ambos inclusive, e para o que se establecerán tres categorías:
• Categoría Infantil: 7 a 9 anos (ambos inclusive)
• Categoría Junior: 10 a 12 anos (ambos inclusive)
• Categoría Xuvenil: 13 a 15 anos (ambos inclusive)
Todos os participantes no concurso, polo simple feito da participación, aceptarán as bases do concurso e as normas que rexen o seu procedemento.
Así mesmo, so poderán participar perfiles de persoas físicas, excluíndose os perfiles de grupos, persoas xurídicas, empresas, asociacións ou similares.
No concurso non poderán participar os empregados de Vitrasa nin familiares directos.

MECÁNICA DO CONCURSO
O Concurso dará comezo ás 13.00 horas do martes 12 de maio e finalizará as 00.00 horas do martes 19 de maio.
O concurso será publicado no perfil oficial de Facebook de Vitrasa. Para poder participar os nenos e nenas terán que enviar un debuxo, unha poesía ou un relato curto (máximo 750 palabras) cunha temática que deberá responder a algunha destas cuestións:
• Como está sendo o teu confinamento? (día a día, cociñar, tarefas do colexio, aplausos…)
• Que pensas do traballo dos teus heroes? (sanitarios, condutores, persoal supermercados, farmacias, policía, Garda Civil…)
• Que mensaxes te gustaría facer chegar aos maiores de Vigo?
• Como te imaxinas o Vigo do futuro?
Os rapaces poderán presentarse nunha modalidade, en dúas ou nas tres modalidades (debuxo, poesía e relato curto) con varias propostas por modalidade se o desexan.

Os traballos (debuxos, poesías e microrrelatos) deberán subirse como comentario no post do concurso que se publique na páxina de Vitrasa en Facebook indicando o nome completo do neno/a e a idade.
Un xurado formado por persoal de Vitrasa será o responsable de elixir os traballos gañadores dentro de cada categoría. En caso que os traballos non cumpran cos requisitos solicitados poderá declararse deserta algunha das categorías.

Todos os traballos recollidos serán enviados aos maiores de Vigo en colaboración coa asociación “Grandes Amigos” co obxectivo de animar o confinamento dos nosos maiores. Estes farán chegar as súas valoracións e impresións aos participantes a través dos voluntarios da ONG.

Os dereitos dos traballos enviados serán propiedade de Vitrasa. Os titores dos nenos e nenas que presenten traballos autorizan a difusión do nome do rapaz/a nas redes sociais e tamén nos medios de comunicación en caso de que se realizase unha comunicación pública dos/das gañadores/as.

Excluiranse do concurso todos aqueles participantes que inclúan comentarios que degraden a dignidade e a imaxe doutros participantes, autores ou de VITRASA, eliminando a publicación dos mesmos e reservándose VITRASA todas as accións legais que se puideran derivar dos mesmos.

Todos os participantes que inclúan fotos e/ou comentarios no perfil de VITRASA en FACEBOOK ou calquera outra rede social que poidan ser inapropiados ou lesivos para a imaxe de VITRASA ou que poidan resultar ofensivas serán excluídos do Concurso.

PREMIOS
Os premios consistirán en:
• 6 meses de viaxes gratis ininterrumpidos en bus urbano para o neno/a gañador/a do mellor debuxo, a mellor poesía e o mellor microrrelato dentro de cada categoría (infantil, junior e xuvenil) que terán que ser disfrutados dentro do ano 2020.
• Unha viaxe a bordo do bus turístico para toda a unidade familiar (pais e irmáns) a disfrutar durante 2020.
• Unha viaxe a bordo do NadalBus para toda a unidade familiar (pais e irmáns) a disfrutar durante o periodo de viaxes de NadalBus 2020-2021 (calendario pendente de confirmación).
• Unha tarxeta regalo valorada en 50 euros.

COMUNICACIÓN DA OBTENCIÓN DE PREMIOS
O nome dos premiados darase a coñecer o 22 de maio na páxina de Facebook de VITRASA.

NOME E IMAXEN EN OPERACIÓNS DE PUBLICIDADE E COMUNICACIÓN
Mediante a aceptación da participación no concurso, os gañadores/as permiten e consenten que os seus datos persoais sexan publicados como gañadores na páxina web de VITRASA e nas redes sociais oficiais de VITRASA.
Así mesmo, os participantes aceptan que se lles efectúen fotografías ou se lle realicen reportaxes audiovisuais, e cederán a súa imaxe para que se utilicen no material publicitario relacionado co presente Concurso, incluído internet, sen percibir contraprestación algunha.

EXCLUSIÓNS E LIMITACIÓNS
Os premios en ningún caso poderán ser obxecto de substitución, cambio, alteración compensación, cesión ou venda por parte dos gañadores/as.

Os gañadores/as serán responsables de todas as obrigacións fiscais que se deriven de premio obxecto do presente Concurso.

VITRASA resérvase o dereito de cancelar o Concurso en calquera momento e por calquera causa.

VITRASA resérvase o dereito a non considerar inscrito e -polo tanto- excluír deste concurso a calquera participante que estime que realiza un mal uso e/ou tente manipular a mecánica do concurso en xeral.

Os participantes obríganse expresamente a garantir a exactitude e veracidade dos seus datos de carácter persoal. A falsidade de calquera tipo de dato, ou o incumprimento de calquera dos requisitos sinalados nas presentes Bases, será causa suficiente para a descualificación como participante do presente Concurso.

VITRASA resérvase o dereito a realizar modificacións ou engadir anexos sucesivos sobre a mecánica e premios, sempre que as mesmas estean xustificadas ou non prexudiquen aos participantes, e comuníquense a estes debidamente.

PROCEDEMENTO DE RECLAMACIÓN
Os participantes, polo mero feito de participar no Concurso, aceptan as súas bases e o criterio de VITRASA en canto a resolución de calquera cuestión derivada destas Bases.
O período de reclamación finaliza transcorridos cinco (5) días desde a data de comunicación aos agraciados/as dos premios. As reclamacións interporanse mediante escrito dirixido ao domicilio social de VITRASA.
Para o coñecemento de calquera litixio que puidese exporse en canto á interpretación ou aplicación das presentes bases, tanto VITRASA como os participantes nesta promoción sométense expresamente á xurisdición e competencia dos Xulgados e Tribunais de Vigo.

PROTECCIÓN DE DATOS
Os seus datos serán tratados por Viguesa de Transporte, S.L. como responsable do tratamento de datos de carácter persoal para tramitar todas as cuestións relacionadas coa súa participación na presente promoción. VITRASA só tratará os seus datos persoais cando exista unha base legal para facelo, que será a prestación dos servizos solicitados polo participante.

Os datos que solicitaremos serán o nome, apelidos e idade e dos participantes coas finalidades descritas anteriormente.

En calquera momento poderá revogar o seu consentimento, así como exercitar os dereitos de oposición, acceso, portabilidade, rectificación, limitación e supresión de datos, a través de (vitrasa@mobilityado.com).

CASO FORTUÍTO
VITRASA non se responsabiliza das posibles eventualidades fortuítas que poidan afectar o desenvolvemento do Concurso. En ningún caso VITRASA será responsable dos erros na prestación dos servizos de calquera outra persoa ou entidade cuxa participación sexa necesaria para que os gañadores/as poidan gozar o premio.


 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100