Actualidade

Avisos

Covid-19: Aparcamento regulado, cemiterios, benestar social e axuda a domicilio

Temática: Covid-19

Data de publicación: 18-03-2020

RESOLUCIÓN SÉTIMO PAQUETE MEDIDAS COVID-19

Con data 11 de marzo do 2020 a Organización Mundial da Saúde (OMS) declarou o brote de SARS-CoV 2 como pandemia. Por Resolución desta Alcaldía de data 12 de marzo de 2020 acordouse a creación dun Comité de Seguimiento de evolución do COVID-19, coa finalidade de analizar a situación e propoñer a implementación das medidas que se estimen necesarias.

Realizada a reunión constitutiva do Comité na mesma data, propuxéronse unha serie de medidas destinadas a minimizar o risco de contaxio do coronavirus COVID-19, e a protección da poboación e dos empregados municipais, partindo das recomendacións efectuadas polas autoridades administrativas sanitarias. Por sendas Resolucións desta Alcaldía de data 13 de marzo de 2020 adoptáronse acordos de modificación do primeiro paquete de medidas, e de aprobación dun segundo paquete de medidas, que contemplaba, no seu apartado segundo o establecemento do sistema atención presencial na Casa do Concello con cita previa limitado a unha serie de oficinas.

O Consello da Xunta de Galicia, do 13 de marzo de 2020, declaraba a situación de emerxencia sanitaria no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia e activaba o Plan territorial de emerxencias de Galicia (Platerga) no seu nivel IG (emerxencia de interese galego), como consecuencia da evolución da epidemia do coronavirus COVID-19.

Posteriormente por Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, declárouse o estado de alarma para a xestión da situación de crisis sanitaria ocasionada polo COVID-19.

Á vista da evolución das circunstancias, foron adoptándose novas medidas por esta Alcaldía- Presidencia, e neste intre cómpre a adopción de novas medidas propostas na reunión do Comité de Seguimento de data 18 de marzo de 2020 para garantir o cumprimento das indicacións sanitarias e de seguridade formuladas polas autoridades competentes.

No exercicio das competencias que a normativa vixente en materia de réxime local lle confire a esta Alcaldía-Presidencia en canto á dirección da política, o goberno e a administración municipal, así como o establecemento das directrices xerais da acción de goberno municipal e o aseguramento da súa continuidade, contidas no artigo 124.4.a) e c), respectivamente, da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, e Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración Local de Galicia, de conformidade coas medidas previamente adoptadas por esta Alcaldía no marco do seguimento da situación e de conformidade co establecido no Real Decreto 463/2020:

RESOLVO

Primeiro.- Instar á área de goberno de Seguridade a que comunique a imposibilidade da execución do contrato de concesión de servizo público de estacionamento regulado e controlado na vía pública mediante parquímetros (expediente 90514-210), á empresa prestadora do servizo, aos efectos do establecido no Real Decreto-Lei 8/2020, artigo 34.4o.

Segundo.- Instar á Concellería Delegada de Seguridade a adopción dun protocolo de medidas de prevención de riscos para cementerios no caso de enterros de persoas difuntas por Coronavirus COVID-19.

Terceiro.- Instar á Concellería Delegada de Xestión Municipal a habilitar recursos administrativos comúns na Intranet municipal para continuar coa tramitación dos procedimentos nos termos establecidos na Disposición Adicional Terceira do Real Decreto 463/2020, modificado polo Real Decreto 465/2020.

Cuarto.- Instar á Concellería Delegada de Benestar a continuar coa tramitación municipal das prestacións da RISGA e de dependencia, axilizando os trámites administrativos.

Quinto.- Instar á Concellería Delegada de Benestar á comunicar á Xunta de Galicia a plena disponibilidade da información do Concello de Vigo para axilizar os trámites administrativos das Pensións Non Contributivas, mediante a consulta de intermediación de datos, en aplicación do disposto no artigo 28 da Lei 39/2015.

Sexto.- Dar conta do acordo coa empresa do Servizo de Axuda a Domicilio de facer un seguimento das urxencias en tempo real durante as fins de semana e festivos

Sétimo.- Instar á Concellería Delegada de Benestar a habilitar para emerxencias de carácter social un correo de contacto específico ofi.central@vigo.org

Oitavo.- A presente resolución terá efectos a partires da súa data e ata o 29 de marzo, sen perxuízo da súa ampliación si así o requiren as circunstancias, conforme á declaración do estado de alarma.

Noveno.- Dar publicidade deste acordo mediante todos os medios internos e externos dispoñibles, procurando a máxima difusión á cidadanía.

Documentación

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100